Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/01/2023

Programa completo do 19/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 19.01.2023 14:17

A Festa dos Fachós é unha singulares que temos na Ribeira Sacra. Celébrase hoxe en Casto Caldelas e abrimos falando dela coa alcaldesa Sara Inés Vega. Non perdemos de vista Fitur e as actividades promocionais que deste territorio se levan a cabo na citada Feira. Promociónase alí o Xeoparque Montañas do Courel e falamos co coodinador do mesmo, Martín Alemparte. Repasamos tamén con él actividade do GDR Ribeira Sacra Courel. E no románico e paisaxe da provincia centra este ano a actividade promocional que leva a Fitur a Deputación de Lugo. Buscamos máis información conversando coa Deputada Pilar García, deputada da Área de Turismo. E malestar no barrio da Estación polos reiterados cortes no suministro de auga, recollemos a denuncia que ao respecto fai un empresario da zona, entre outras novas que repasamos da actualidade máis próxima. E como cada xoves toca gabinete xurídico e co avogado Héctor Silva falamos de demandas por paternidade.