Técnicos de Evega asesoran aos afectados das treboadas do mércores na ribeira de Chantada. Falamos da iniciativa con José Luis Cabarcos, director xeral de Agacal. Tamén conversamos co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. Confirma que os Senadores desta provincia de Lugo solicitarán a declaración de zona catastrófica a superficie estragada polo pedrazo. Unha zona que hoxe visita o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Escoitamos petición que o seu grupo trasladará o Parlamento. Falamos tamén con Aida Menéndez da modificación que reclama a Asociación que ela preside, xunto coa de Valdeorras e o Deza, respecto ao Plan Básico de sinalización desta ruta. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez. Hoxe o presidente da Deputación de Lugo, presenta no citado concello o Centro de Maiores que van construir en Ferreira, repasa Álvarez a importancia desta obra e outras que van realizar próximamente.