Bóveda abre o prazo para que se inscriban os emprendedores que desexen participar do plan "Hola Pueblo". Falamos da iniciativa. Coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, repasamos previsións de ocupación para a ponte de San Xosé e Semana Santa. Conversamos con Luis Caramés, presidente da Fundación Belarmino Fernández Iglesias que xestiona a Escola de Hostalería de Rosende, que hoxe visita o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde. E co presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real, repasamos a situación do sector un ano despois de decretarse a pandemia e o estado de alarma.