Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, ademáis do técnico Alfonso Losada, falamos hoxe con Juan Luis Méndez de Vinigalicia da internacionalización deste sector. Repasamos datos de incidencia da Covid na zona e modificacións nas restricións anunciadas polo goberno galego a partir de maña,. Escoitamos que contaba o presidente da Xunta. O Centro de Saúde de Monforte prepárase para vacinar aos maiores de 80 anos de toda a comarca. Cóntanos Pedro Sancosmed, coordinador de enfermería no citado centro, como se preparan. Entre outros asuntos falamos tamén de Fancine de Lemos, o Festival de Cine Fantástico e de Terror que a pandemia obrigou a suspender o pasado ano e que volve con máis días e novos escenarios. Buscamos a última hora conversando co produtor Iván Patiño.