Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/11/2021

Programa completo do 12/11/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 12.11.2021 14:16

Remata a campaña de excavación no Preguntoiro no concello de Pantón. Facemos balance da mesma co arqueólogo Xurxo Ayán que dirixiu a intervención. Da Escola de Hostalería de Rosende chéganos hoxe a receita para o concurso de Salgado Congelados da man do profesor David Cidre. Despois do concurso falamos con Sergio Alba, que actúa este sábado en Monforte no Bar do Club Fluvial e co profesor Pablo Ramil que imparte este venres unha conferencia no Ateneo Casino sobre a Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras de Oribio e Courel. Conversamos tamén con José Ignacio Jungitu, especialista en enoturismo, un dos dinamizadores da Ruta do Viño de La Rioja Alta, que participa nas Xornadas que sobre o turismo do viño organiza o GDR Ribeira Sacra Courel para esta fin de semana. Entre outros asuntos falamos tamén da preestrea da película de Dani de la Torre, hoxe nos Multicines.