Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 12/03/2021

Programa completo 12/03/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 12.03.2021 14:39

O terremoto de Lisboa de 1755 deixou a súa pegada na bóveda do presbiterio da Igrexa da Nosa Señora da Antiga. Gretas que van a ser arranxadas nunha intervención valorada en máis de 400 mil € que financia a Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O conselleiro Román Rodríguez, visitou hoxe a Igrexa para dar conta da adxudicación deste proxecto e conversando con él abrimos o programa de hoxe. Entrevistamos á educadora de familia do concello de A Pobra do Brollón, Mónica Carballo, coa que repasamos actividades que fixeron cos maiores do Centro de Día para conmemorar o Día Internacional da Muller. No concello de O Saviñao organizaron un concurso de fotografía que remata hoxe. Fai balance do mesmo a concelleira Beatriz Rois. E lectura para a fin de semana, "Tú también vencerás", do monfortino José González, ao que entrevistamos tamén no programa de hoxe. Un programa que rematamos escoitando declaracións do acto que se está celebrando no salón de plenos do concello de Monforte onde representantes do Ministerio de Transportes, de Adif e o presidente da Deputación de Lugo, presentan o proxecto de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte presupostado en 546M€.