Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/05/2021

Programa completo 10/05/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 10.05.2021 14:15

A Ribeira Sacra entra na recta final para a súa declaración como Reserva da Biosfera. O anuncio foi feito pola Conselleira de Medio Ambiente nunha visita que fixo ao Saviñao. Escoitamos as declaracións da Conselleria e conversamos tamén co alcalde do Concello de O Saviñao. Repasamos incidencia da Covid na zona, balance da campaña de vacinación e calendario para esta semana e o xerente da área sanitaria repasa o resultado do cribado feito en Chantada. Da necesidade de coidar ás coidadoras, van obradoiros coordinados desde a Asociación Albores. Famos deles coa traballadora social da citada asociación. Desde Ribas de Sil e o Courel saen ao paso das críticas recibidas do alcalde de Quiroga repecto á implicación dos respectivos concellos co Xeoparque. Entre outros asuntos, falamos tamén dos esgrafiados da Ribeira Sacra e da exposición que sobre os memos vén de inaugurar Mar López Sotelo no colexio O Toural de Vilaboa.