Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/03/2021

Programa completo 09/03/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 09.03.2021 14:39

O día trece fará un ano que se diagnosticou o primeiro caso de Covid no Hospìtal Comarcal de Monforte. Dende aquela pasaron por este centro hospitalario 107 pacientes que estiveron ingresados de media entre 14 e 16 días. Once precisaron coidados intensivos e foron trasladados a Lugo. Finaron o 11% dos ingresados e a terceira onda foi a máis compricada neste centro hospitalario chegando a ter ingresadas 22 persoas. Facemos balance no programa de hoxe co doutor José López Castro, coordinador dos servizos de Medicina Interna, que fai un chamamento á responsabilidade para evitar unha cuarta onda de contaxios. No espazo adicado ao sector vitícola repasamos iniciativas que promove a adega Rectoral de Gundivós con Elías González, un dos promotores, e co técnico Alfonso Losada. Entre outros asuntos falamos dun minisatélite que están facendo un grupo de alumnos do Ceip López Suárez de Escairón. Conversamos co profesor Gabino González e cos seis alumn@s que participan da experiencia.