Os locais de ocio nocturno en Monforte seguen maioritariamente pechados. Repasamos situación con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería. Quen prepara actividades para os próximos días é o CCU e repasámolas con Ángel Folgueira, xerente da Asociación de Comerciantes. Coa historiadora Manuela Sáez, falamos do libro que vén de publicar sobre o patrimonio do VII Conde de Lemos. E entre outros asuntos, conversamos tamén co Bruxo Queimán que presenta este venres con Andrea Pousa un documental sobre a Ribeira Sacra.