Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 08/03/2021

Programa completo 08/03/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 08.03.2021 14:31

Neste día Internacional da Muller falamos con Xacia Ceive, presidenta do colectivo feminista FemForte que ten convocada concentración esta tarde en Monforte. Escoitamos a mensaxe institucional do concello monfortino ao que pon voz a concelleira de muller e igualdade, Margarita López. Conversamos coa arquitecta Susana López Varela que desenvolve a súa actividade profesional en Perú, onde ademáis de dar clases en varias Universidades, participa dun proxecto do Goberno peruano para recuperar un dos principais ríos do citado país, o Rimac, ao seu paso polo casco histórico da capital, por Lima. E o concello de A Pobra do Brollón empeza semana pechado, con nivel máximo de restricións. No cribrado feito esta fin de semana non apareceu ningún positivo, o alcalde confía e cambiar de nivel nos próximos días. Conversamos co rexedor de A Pobra Xosé Lois Maceda e escoitamos tamén ao xerente da Área Sanitaria Ramón Ares. E prata para Júnior Martínez no campionato galego de taekwondo. Falamos co adestrador, José María Vega.