Empeza a temporada de visitas guiadas polo románico da Ribeira Sacra. Repasamos as distintas propostas con María Abuín, unha das promotoras. Esgotadas as entradas para Festival 17º Ribeira Sacra que se vai celebrar nunha dúcia de escenarios deste territorio do 16 ao 18. Repasamos actividades con Carlos A. Montilla, director do mesmo. A Pobra do Brollón acolle os días 17 e 18 o II Festival Científico de Galicia. É a primeira vez que se achega a estas terras esta iniciativa de divulgación científica que repasamos co arqueólogo Xuxo Ayán e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén co ornitólogo Eugenio García, expón na Casa da Cultura láminas con debuxos dos paxaros que tempos polo Val de Lemos.