Abrimos programa conversando co xerente do CCU, Ángel Folgueira, repasando a repercusión que teñen no sector os distintos bonos de axuda que hai en marcha nestes intres desde varias institucións. Co presidente do Consorcio Turístico e alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián falamos do aprazamento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, da xornada de sostibilidade celebrada o sábado, de investimentos subvencionados polo Leader e do pasamento de Luis Caramés, presidente da Fundación Belarmino Fernández Iglesias. Sobre o aprazamento da candidatura da Ribeira Sacra pronúnciase tamén a Asociación O Sorriso de Daniel, falamos coa secretaria da citada Asociación, con Carme Varela. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, actualizamos datos de incidencia da Covid e da campaña de vacinación.