Abrimos programa conversando co alcalde do concello de Monforte José Tomé Roca. Facemos balance de 2020 e entre outros asuntos falamos do novo reparto de máscaras para os estudantes que teñen previsto iniciar o luns. Convocada folga no Colexio do Courel ata o día 18, explica os motivos a presidenta da Anpa Pilar Veiga. Fernando Peña leva máis de 30 anos vivindo na aldea de As Laceiras no concello de A Pobra do Brollón, a súa é a única familia que vive no lugar e denuncia que a maquinaria pesada que saca madeira dos montes da zona estrágalle o único acceso que ten ao seu domicilio. Falamos tamén da Ruta do Viño, a Xunta saca a concurso a mellora da sinalización. A senadora Rosa Arza repasa iniciativas que os senadores desta provincia presentan contra o despoboamento rural e atendemos tamén, á exposición "O fin do Camiño" que podemos ver en Monforte ata o día 12.