Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/01/2023

Programa completo do 05/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 05.01.2023 14:32

A chegada dos Reis Magos aos distintos concellos marca a actualidade da xornada. Repasamos esas visitas incluida a cabalgata de Monforte da que falamos coa concelleira de cultura Marina Doutón pero antes de saudar á concelleira, abrimos programa conversando cunha muller que cumprirá os 103 anos en agosto. Vive en A Coruña pero naceu en Monforte. É neta dun ilustre monfortino que viviu na segunda metade do século XIX. Falamos con ela e co investigador local Felipe Aira. De accidentes e da quen corresponden gastos derivados dos mesmos cando están provocados por inclemencias do tempo ou mal estado das estradas, é do que nos fala hoxe o avogado Javier Leiro no gabinete xurídico que compartimos cada xoves. E tras ser operado onte pola tarde das dúas clavículas que rompeu na caída sufrida no Rally Dakar, esta mesma maña recibiu xa en Lugo a alta médica o piloto Eduardo Iglesias está xa na casa e conversamos con él. Tamén conversamos co director do Balneario de Augas Santas, Santiago Villanueva, repasamos obras que hoxe supervisou a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro e facemos balance de 2022. Son entre outros, asuntos que repasamos dá actualidade máis próxima.