Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola e facemos balance da vendima na adega de maior produción, Rectoral de Amandi e nunha das máis afectadas polo pedrazo na subzona de Chantada, a adega Castrofiz. Co presidente de Agromuralla repasamos os motivos polos que convocan tratorada para este xoves. Falamos co presidente da Anpa do IES Daviña Rey dos obradoiros que van celebrar sobre igualdade e prevención de violencia de xénero. Repasamos novas do concello de Pantón conversando co alcalde e pleno do taekewondo monfotino esta fin de semana con 16 medallas no Cidade de Pontevedra, repasamos resultados co adestrador.