Abrimos programa co espazo adicado a respasar historia local, fálanos o investigador Felipe Aira, das festas de San Pedro que se facían na rúa Doutor Casares. Chega a Ribeira Sacra o Festival do Atlántico, falamos coa directora Soledad Felloza e con Anxo Moure, o contacontos que participará nas actividades que programa no río Miño esta fin de semana. UUAA reclama axudas directas aos afectados pola treboada do pasado día 16 e que se lle condonen as cuotas da Seguridade Social. Reclamacións que repasamos con Mariano López Nieves, secretario deste sindicato na zona. Co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, falamos dos problemas que teñen no concello co suministro eléctrico, e entre outros asuntos, da Feira Outrora que deciden suspender por segundo ano a causa da pandemia.
Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, atendemos tamén á polémica coa que se leva a cabo a remuda na xestión do Centro do Viño.