A área de Cultura da Deputación de Lugo comezará esta semana o envío de 500 exemplares do libro “Carvalho Calero sem fronteiras” a centros educativos e bibliotecas da provincia. E unha publicación que repasa a vida do autor a través, principalmente, dos seus propios escritos e con materiais gráficos procedentes, entre outras fontes, do arquivo familiar.
Ademais tamén se lles achegará ás asociacións culturais, centros educativos e bibliotecas un enlace para difundir o documental “Carvalho Calero. Sem Fronteiras”, estreado o pasado sábado no salón de actos do Pazo de San Marcos, e que aborda a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 a través de material de arquivo, conversas e entrevistas con familiares, expertos, alumnos e discípulos, así como historiadores, outros literatos, académicos, amigos e críticos.
Carvalho Calero en Lugo
A publicación divide en sete capítulos a vida do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega, dedicando un aos 15 anos que Carvalho Calero pasou en Lugo, como profesor e director do Colexio Fingoi, e no que se pode ler, a través dos seus propios textos, o forte vínculo do escritor coa cidade, un vínculo que continuou nos anos da súa xubilación, ao vivir en Lugo parte da súa familia.
Durante eses anos ademais de frecuentar as tertulias culturais no Méndez Núñez xunto con outros intelectuais, Carvalho Calero publicou a primeira novela en galego da posguerra: A xente da Barreira(1951), ingresou na Real Academia Galega e acadou importantes avances na súa faceta de investigador: o seu doutorado e a publicación de: A Historia da Literatura Galega Contemporanea 1808-1936 (1963).
Pero ademais o seu labor no colexio ía máis alá do traballo de profesor, recuperando a cultura popular a través da recollida, directamente dos nenos de contos populares da provincia, que se escolmaron, nunha publicación