Temas

tren alta velocidad

Con Paco Sarria

Informativo Provincial en Más de Uno Ourense 14/01/2022

No informativo de “Más de Uno Ourense” falamos da última hora da pandemia e prestamos especial atención ao Foro Ave Madrid-Ourense: retos e oportunidades con entrevista ao director xeral de mobilidade da Xunta, Ignacio Maestro.

Tren Alta Velocidad

A Xunta adapta os horarios dos autobuses que conectan Lugo, Pontevedra e Vigo con Ourense

Trátase de garantir a coordinación dos 134 servizos de autobús que unen cada semana a cidade das Burgas con Lugo, Pontevedra e Vigo coas saídas e chegadas do tren programadas por Renfe coa posta en servizo do treito de alta velocidade entre Pedralba e Ourense.

Promóvese unha intermodalidade áxil entre o autobús e o tren aos pasaxeiros doutros puntos da comunidade que contan cunha oferta de servizos ferroviarios máis reducida cara a Madrid.

Lugo contará con 6 posibilidades de enlace cada día para coller os trens entre Ourense e Madrid, Pontevedra con 5 e Vigo terá acceso a 12 trens.