Temas

Entre micros e libros

Entre micros e libros

Inma López Silva: “A endogamia e as loitas de poder na Universidade propician a prostitución intelectual”

A nosa radio lectora volve a Cronopios para recibir a Inma López Silva e presentar a súa última novela, "Escola de Mulleres”. Falamos do mundo universitario, da perda, o corpo e a loucura, temas centrais da novela protagonizada por Gloria, unha muller que emprende un camiño de autodestrución para fuxir da dor e das convencións e poder cumprir o seu soño: montar unha libraría.

Entre micros e libros en Cronopios

Arantza Portabales: “A necesidade de ser libre é un gran motor na vida”

A nosa radio lectora volve á Librería Cronopios para citarnos coa escritora Arantza Portabales. "Sobrevivindo" é a súa última novela, unha versión ampliada da historia protagonizada por Val Valdés coa que gañou en 2015 o Premio de novela por entregas La Voz de Galicia.

Entre micros e libros en Cronopios

Arantza Portabales: “Todos temos algo que ocultar e medo a afrontar as nosas verdades”

Citámonos no sofá de Cronopios coa autora de “A vida secreta de Úrsula Bas”, unha novela na que os policías Santi Abad e Ana Barroso volven traballar xuntos para resolver un novo caso: a desaparición dunha escritora de éxito. Mentres a investigación avanza, Arantza Portabales fálanos dos medos, da depresión, da necesidade que sentimos de vivir e de que nos sorprendan, da maternidade, da culpa, da verdade e dos desexos cos que nos atrevemos a soñar.

Entre micros e libros

Lemos en galego con catro autoras: Portabales, Aleixandre, Dávila e Arias

Cada martes abrimos a libraría Cronopios tamén a través da radio para rodearnos de libros e comentar novas lecturas. Esta semana, Mercedes Corbillón, recomenda catro lecturas en galego: “A vida secreta de Úrsula Bas” (Arantza Portabales), “As malas mulleres” (Marilar Aleixandre), “Illa Decepción” (Berta Dávila) e “Darío a diario” (Xela Arias).

Entre micros e libros

Inma López Silva: "No íntimo e na vida familiar están os grandes problemas como sociedade"

“O libro da filla" é un relato profundo e inquietante no que a autora parte dun caso real de abuso no ámbito familiar para obrigarnos a ollar de fronte o mellor e o peor de nós como persoas e como sociedade. Durante a conversa na librería Cronopios coñecemos a Helena Sánchez, a gran protagonista da novela, unha muller que pasa dos cincuenta anos e que lle serve a Inma López Silva para poñer o foco sobre unha idade na que as mulleres sinten o peso do corpo e, ao mesmo tempo, a oportunidade para liberarse e rachar coas convencións que reprimen e controlan as súas vidas. Estamos ante unha novela moi política que apela á responsabilidade individual para decidir que versión dos feitos queremos crer e na que a verdade e a mentira son dúas protagonistas máis. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.

Entre micros e libros

Pedro Feijoo: "O realmente devastador desta novela é que todo o que conto ten o seu referente real"

Pechamos un novo ano de radio lectora en Cronopios con Pedro Feijoo, escritor co que inauguramos a nosa aventura entre micros e libros hai sete anos. Desde entón, Pedro nunca faltou á súa cita con nós cada vez que publicou unha nova novela e, nesta ocasión, volveu con "Un lume azul", unha historia de violencia da que o lector non debe saber nada antes de comezar. Durante a conversa, Pedro confesounos que a súa bandeira é a do entretemento e favorecer o goce lector, ao mesmo tempo que utiliza a escrita para lanzar preguntas e intentar entender moitas cousas que lle quitan o sono. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.