Temas

Alberto Varela

Un pleno aprobará el documento económico

Presupuesto adaptado a la crisis del Covid19 en Vilagarcia

Pendiente de cerrar los últimos detalles de las cuentas de Vilagarcia de Arousa. A lo largo de las próximas semanas se invertirán los esfuerzos necesarios con la finalidad de diseñar unas cuentas adaptadas a la realidad del 2021.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (30-09-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e pendentes dunha nova reunión do comité de expertos do SERGAS para avaliar as restricións especiais. Conversamos co alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da FEGAMP, Alberto Varela. Ademais, buscamos a previsión metereolóxica e estreamos sección con Rodrigo Cota para comentar as principais noticias que nos deixa o mes que hoxe despedimos. Completamos o programa en compañia de Raquel Pedrouso e coa voz de Carmen Quinteiro botamos "o peche": unha pequena historia escondida entre as páxinas dun libro.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (23-09-2020)

Abrimos o programa repasando a actualidade do día e conversando co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. Buscamos a previsión metereolóxica e, no tempo da entrevista, convidamos á nova delegada da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro. Completamos o programa en compañia do músico Óscar Ibáñez para estrear una nova sección de historias musicais: "Alén do Mar". O peche dos mércores trae unha pequena historia escondida nas páxinas dun libro coa voz de Carmen Quinteiro.

Más de Uno Pontevedra

A FEGAMP acusa á Xunta de deixar sós aos Concellos na limpeza e desinfección dos centros educativos

Non hai consenso sobre ás competencias para a limpeza e desinfección dos centros educativos. A FEGAMP e a Xunta abordaron hoxe o protocolo fronte ao coronavirus na volta ás aulas e, tralo encontro, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, explicou en Onda Cero Pontevedra que a Xunta deixa sós aos concellos ao descartar transferir fondos para asumir eses traballos. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (29-07-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día, conversando co presidente da FEGAMP e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa alcaldesa de Meis, Marta Giráldez. Imos de ruta polas Rías Baixas con Andrea Carrera e apuntámonos ao Tunel do Viño que mañá inaugura o Consello Regulador da DO Rías Baixas en Cambados. Ademais, completamos o programa en compañía de Raquel Pedrouso.

Almorzo Rías Bajas

"A Garda Civil vai seguir en Vilagarcía, iso está garantido"

O alcalde de Vilagarcía de Arousa afronta o seu novo mandato cunha maioría absoluta e compatibilizando a alcaldía coa presidencia da FEGAMP, dúas novidades que analizamos con el neste almorzo informativo desde o Hotel Rías Bajas de Pontevedra. Repasamos con Alberto Varela os obxectivos que se marca para este 2020 e os retos a conquerir durante o seu segundo mandato como alcaldesa. Por exemplo, o proxecto para un novo centro de saúde ou a tramitación do PXOM. Durante a conversa, o alcalde tamén nos confirmou que ten solicitado unha reunión en Madrid para aclarar o futuro do cuartel da Garda Civil en Vilagarcía. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (05-07-2017)

O xuízo contra o parricida confeso de Moraña centra de novo a actualidade. En Pontevedra estivo a xornalista Sonsoles Ónega presentando o seu último libro «Después del amor», con ela conversamos no tempo da entrevista. Última sesión coach con Raquel Pedrouso por esta temporada e visita a Vilagarcía de Arousa guiados polo alcalde, Alberto Varela