Alberto Varela en ONDA CERO GALICIA

O presidente da FEGAMP reclama unha reunión urxente co resto de Administracións para abordar os problemas de abastecemento de auga

A pesares da choiva dos últimos días, os encoros galegos perden auga unha semana máis. Estamos de media no 48'73 por cento de capacidade, segundo os datos de Transición Ecolóxica. No programa Galicia en la Onda de Onda Cero o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, pedía unha reunión urxente de todas as administracións implicadas na xestión da auga xa que «é necesario ver como facer a análise da rede e como financiar as obras». Recoñece que hai concellos que non poden afrontar eles sós a mellora das súas redes de suministro e abastecemento.

ondacero.es

Galicia | 06.09.2022 16:07