Noticias Vigo, 13.40

Para a flota do cerco á espera de que o goberno rebaixe os prezos do combustible

Xornada de paro hoxe na flota do cerco cun seguimento case do 100% en portos como o de Vigo. Os armadores critican a negativa do goberno a tomar algún tipo de medida ata a vindeira semana de acordo coa UE, cando países como; por exemplo, Francia, xa aprobaron descontos nos prezos do combustible.

Víctor Blanco

Vigo | 21.03.2022 06:00 (Publicado 15.03.2022 14:40)

A folga de transportistas e a acción dos piquetes complicou hoxe tamén o transporte de peixe dende o porto de Vigo. Un porto na que xa parte de flota está amarrada polo alto prezo dos combustibles.

Según confirmaron A imaxe do porto de Vigo , cos barcos do cerco, uns corenta, amarrados aos peiraos, vacíos, repítese noutras localidads galegas. Non é renduible sair a faernar polo alto prezo do combustible, paran esta semana a espera de coñecer a proposta que lles poda trasladar o ministro de pesca na reunión que celebrarán o vindeiro mércores. De momento, critican a parálise do goberno, Hugo González, xerente adxunto da cooperartiva de armadores.

Hoxe parada o flota do cerco, algúns artesanais, e probablemnte nos vindeiros días únanse barcos do Gan Sol que según van chegando ao porto vigués poden ir parando.