A través do sistema de autocita

Principia a repesca dos cidadáns pendentes de vacinar

55.000 galegos poderán ser vacinados, previa reserva no sistema de autocita, nos vindeiros días. Están chamados a participar os que non puideron acudir cando foron convocados, os que rexeitaron voluntariamente recibir a vacina ao seren chamados para facelo ou aqueles que non recibiron comunicación do SERGAS por un erro nos seus datos, entre as principais casuísticas.

O conselleiro de Sanidade presentou o cronograma:

Luns, 12-19 anos: 15.000 (autocita aberta desde venres 15.00 a 00.00 de sábado a domingo)

Martes, 12-19 anos: 10.000 (autocita aberta desde venres 15.00 a 00.00 de domingo a luns)

Venres, máis de 20 anos: 30.000 (autocita aberta desde venres 15.00 a 00.00 de mércores a xoves)

Os cidadáns que xa recibiran unha dose e teñan que compretar a pauta seguirán a ser citados por sms.

ondacero.es

Galicia | 27.08.2021 14:47