Pontevedra en la Onda (22-06-2018)
Repasamos a actualidade do día e da semana e marcamos, como cada venres, unha completa axenda cultural, de ocio e festiva marcada pola noite de San Xoán. Preparamos a Carreira Ponle Freno cos protagonistas do "Reto Onda Cero Pontevedra" e descubrimos un novo destino turístico, hoxe visitamos o Concello de Cerdedo-Cotobade.