Sectores estratéxicos

A nova edición da Feira do Moble de Galicia regresa o concello de A Estrada

Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, foi a encargada de presentar a 30ª Feira do Moble de Galicia. Estivo arroupada polo alcalde estradense, Xosé López Campos, o responsable do recinto feiral, Nemesio Rey Pazos e José Pose Mato, en representación do sector mobleiro local.

ondacero.es

Pontevedra | 15.09.2016 15:34

José López Campos - Alcalde de A Estrada
Presentación da Feira do Moble de Galicia | Onda Cero Pontevedra

Sol María María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio compareciu no recinto feiral co cometido de presidir o acto oficial de presentación aos medios de comunicación da 30ª Feira do Moble de Galicia que abrirá as súas portas ao público o vindeiro día dezasete de setembro, por un período consecutivo de nove días, ata o vindeiro vintecinco. No turno de comparecencias, interviú en primeiro lugar o alcalde estradense, José López Campos quen salientou a importancia deste evento de promoción sectorial para a industria da madeira e o moble.

O alcalde estradense, augura unha boas perspectivas para o certame, apoiadas na incipiente recuperación do comercio. Xosé López Campos, incidiu nas transformacións e os cambios acontecidos no último ano e medio no concello estradense, alegando que descendiu considerablemente a tasa de desemprego, pasando de dous mil douscentos desempregados a mil quinientos. Rematando a súa intervención, o rexedor estradense, amosou o incondicional apoio da administración autonómica e local ao sector da madeira e o moble e ao mesmo tempo, puxo en valor e agradeciu a adicación e iniciativa dos fundadores do certame e a aposta decidida do sector empresarial local. Pola súa banda, Sol María Vázquez Abeal, directora Xeral de Comercio, na súa intervención, fixo fincapé no apoio institucional e decidido da Xunta de Galicia e igualmente suliñou os retos de adaptación ás novas realidades (Comercio electrónico e novas tecnoloxías en xeral) por parte do sector da madeira e o moble.

A Feira do Moble de Galicia, comezará a súa singladura do vindeiro día dezasete ao vintecinco do presente mes, en horario ininterrumpido de once a vinteunha horas, mantendo o acceso gratuito para todos os visitantes.