Onda Cero Pontevedra

Mas de Uno Pontevedra (27-02-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día marcada polo auto do TSXG sobre os recheos do Porto de Marín e, ademais, recibimos a visita do portavoz do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e temos unha nova cita, como cada xoves, no Hotel Rías Bajas de Pontevedra: a atleta internacional Solange Pereira, é a convidada desta semana. Completamos o programa concedendo protagonismo ao sector da viticultura da man do CR da Denominación de Orixe Rías Baixas.