A empresa concesionaria do servizo de bombeiros, Celtaprix, solicitou concurso de acreedores, é dicir, suspensión de pagos, e os traballadores levan varias nóminas xa sen cobrar. Pero a súa profesionalidade impídelles plantarse… porque cómo plantarse e non acudir ante un incendio da magnitude do que onte se declaraba en Caldas e que segue agora mesmo con pequenos focos activos? Pois de ningunha maneira se poden plantar!!
Ademais non só traballaron na extinción os bombeiros que estaban de servizo, senón todos os que estaban de vacacións ou nas súas casas en turno libre, profesionais que acudiron á chamada de emerxencia.
Eses son os profesionais que neste país traballan sen cobrar… os que non poden facer folga porque as consecuencias do seu plante poderían ser fatais…