Enredando á sociedade en conversas que nos manteñen ocupados pero lonxe da realidade que segue a existir... porque o debate aporta de todo menos solucións: a realidade é que 60 homes mataron este ano a 60 mulleres, e o debate estéril é se ...a iso lle chamamos violencia doméstica, violencia familiar ou violencia de xénero: chámenlle como queiran (eu quédome con violencia machista) pero busquen solucións e deixen os debates estériles porque as consecuencias non rematan cando unha vítima falece…
Queda unha familia destrozada e queda un asasino que lonxe de arrepentirse o que pide é un indulto: Jaime Maiz, ex garda civil de Cambados, matou dun disparo na cabeza hai 3 anos a Mari Luz Posse pero considera que a súa condición de garda civil é suficiente para que o Goberno o indulte… no mesmo mes no que disparou a Mari Luz Posse o seu asasino resístese a cumprir os 19 anos de cadea, e no mesmo mes no que á familia Posse se lle fai máis costa arriba olvidar…
Jaime Maiz pide un indulto -que supoñemos o goberno lle vai denegar - pero que abre un proceso que á familia Posse lle supón reabrir feridas que aínda non cicatrizaron e custes económicos difíciles de afrontar… sobre todo porque o asasino de Mari Luz declarouse insolvente e non pagou un duro das indemnizacións fixadas para a familia na súa condena por violencia machista, violencia doméstica, violencia familiar… chámenlle X pero actúen!