‘Unha carreira distinta para un ano especial. Rara, pero San Silvestre’. Así será neste 2020 marcado pola pandemia da Covid-19 a carreira máis senlleira do Nadal, que o Concello logrou sacar adiante grazas ao intenso traballo e vontade, así como ás enormes doses de ilusión e imaxinación, despregados polo Servizo Municipal de Deportes e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista co concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, e co co-director da San Silvestre deste ano, Victor Rioboó.