Un xoven de 21 anos faleceu esta pasada madrugada tras ser acoitelado na rua Lepanto da zona dos pubs e viños de Ourense.
A morte foi consecuencia ó parecer dunha única navallada cando estaba no exterior dun dos locais de ocio nocturno.
Fontes consultadas polo xornal La Región explicaron que víctima e agresor -que xa foi detido pola policía- tiveron un enfrontamento previo no interior dun dos locais da zona e que unha vez no exterior voltaron a encararse.
O detido está en Comisaría e pasará a disposición xudicial nas próximas horas.
De momento non foron facilitadas as identidades