Unha ruta en bicicleta promociona o patrimonio ourensano

Percorrerá 21 concellos da provincia en varias etapas

ondacero.es

Ourense | 16.07.2014 10:49

ruta en bilcicleta por el patrimonio ourensano
Presentación de la ruta en bicicleta | La Voz de Galicia

A empresa Bilurico Medio Ambiente puxo en marcha a primeira serie de rutas de bicicletas de montaña (BTT) na que os asistentes poderán elixir entre varias modalidades. A ruta máis longa, 250 quilómetros, pasa por algúns dos enclaves máis representativos como son as paisaxes da Ribeira Sacra, a estación de Manzaneda ou o Mosteiro de San Pedro de Rocas, entre outros. Este itinerario pódese realizar en diferentes etapas e a organización pon a disposición dos ciclistas varias formas de realizalo: 3 etapas (nivel experto), 4 etapas (nivel medio/alto), 5 etapas (nivel medio) e 6 etapas (medio/baixo).

A oferta para realizar a práctica deportiva iniciouse no mes de marzo e continuará ata novembro. Para inscribirse e reservar é necesario completar unha serie de datos na páxina web de Tracks Ourense (www.tracksdeourense.com). O traxecto en bicicleta discorre por pistas, camiños, carreiros e soamente unha parte por estradas secundarias. A oferta tamén contén rutas para familias e versións para facer a pé ou con bicicletas de estrada.

A iniciativa, apoiada pola Diputación, foi presentada esta mañá. Raúl Fernández, representante de Tracks Ourense, agradeceu ás organizacións e institucións que axudan á difusión da iniciativa e «non so é unha actividade deportiva, senon gastronómica, cultural e termal. Que mellor forma de rematar a carreira que acabar nas termas de Outariz ou na Chavasqueira». Por outra banda, Alexandra Seara, gerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, destacou que é de agredecer estas iniciativas e que antes algúns aventureros preparábanse as súas propias rutas, pero con esta proposta todo será máis fácil. A presentación pechouna Luís Ingnacio Pereira, representante comercial de Oca Nova Manzaneda, recoñecendo que estes proxectos son un punto de referencia á zona e deu as grazas á organización por elixir as súas instalacións.