SOS Sanidade Pública apoia a folga de médicos e pide "comprensión" cidadá

A plataforma SOS sanidade pública de Ourense acordou apoiar a folga que diversos colectivos do persoal sanitario convocou para os días 9 e 10 de decembro por considerar que os obxectivos que perseguen "coinciden" cos que respalda este movemento social que rexeita o "demantelamento progresivo da sanidade pública".

ondacero.es

Ourense | 28.11.2013 14:16

Complexo Hospitalario de Ourense
CHUO | Sergas

A plataforma SOS sanidade pública de Ourense acordou apoiar a folga que diversos colectivos do persoal sanitario convocou para os días 9 e 10 de decembro por considerar que os obxectivos que perseguen coinciden cos que respalda este movemento social que rexeita o "desmantelamento progresivo" da sanidade pública e que esta se convirta nun "negocio lucrativo". Dende a plataforma insisten en que medidas coma o copago farmacéutico, o próximo desmantelamento do transporte sanitario ou os cambios na atención na cirurxía pediátrica son claros exemplos dunha "demolición controlada" da sanidade publica e polo que valoran positivamente que o persoal sanitario se poña ao fronte da defensa sanitaria. Neste senso SoS sanidade pública pidelle á cidadanía que teña unha "posición de comprensión" ante a convocatoria de folga e que acuda ás mobilizacions que convoquen os colectivos sanitarios.