Sergio Pazos será un dos protagonistas nos actos do Día Internacional do Vontariado

O 5 de decembro vaise celebrar o Dia Internacional do Vontariado. Con tal motivo o concello de Ourense preparou actos no auditorio municipal que arrancarán ás once da mañá coa lectura dun manifesto e que rematarán pola tarde cun monólogo de Sergio Pazos.

ondacero.es

Ourense | 02.12.2013 13:20

O 5 de decembro vaise celebrar o dia internacional do vontariado. Con tal motivo o Concello de Ourense preparou actos no auditorio municipal que arrancarán ás once da mañá coa lectura dun manifesto ao que seguerá a apertura da feira de entidades de acción vontaria. A mediodía terá lugar a obra de teatro “Antía Wamba e o regato pequeno” da compañía A Tropa de trapo. Pola tarde ás sete e media celebraranse os "encontros de lusco e fusco" co espectáculo gañador do premio do xurado do festival de Valladolid. O peche estará a cargo do actor ourensá, Sergio Pazos co monólogo “Eu tamen fun vontario”. Actualmente hai 313 persoas inscritas na oficina de vontariado municipal das que a maioria son mulleres. O actor Sergio Pazos maila edil de vontariado Mónica Vázquez aproveitaron para facer un chamamento á cidadanía para que fagan tarefas vontarias en calqueira mes do ano.