Municipal

O PSOE de Ourense demanda remodelación para a Alameda de A Ponte

Consideran este espazo un refuxio climático

Paco Sarria

Ourense |

Natalia González, portavoz do Psoe no Concello de Ourense
Natalia González, portavoz do Psoe no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense demandará a redacción e execución dun proxecto de remodelación integral do Parque da Alameda de A Ponte e unha partida para elo nos orzamentos deste ano.

A voceira socialista Natalia González considera este espazo un refuxio climático de referencia na cidade, ademáis de ser o parque máis histórico e emblemático deste barrio, sendo un lugar de encontro interxeracional para pontinos e pontinas, polo que merece unha actuación importante que mude a sua faciana.