Protestas multitudinarias contra a LOMCE en Ourense

Máis de duasmil persoas expresaron nas rúas ourensáns o seu rexeitamento á lei educativa do goberno do PP (LOMCE) por entender que non vai a contribuir a mellorar o ensino público. Ademáis a consideran "segregacionista, centralista e privatizadora". Os sindicatos e confederacións de pais de alumnos aseguran que o paro no ensino rozou hoxe o 90%. según a Xunta a incidencia no ensino público non rebasa o 23%.

ondacero.es

Ourense | 24.10.2013 13:05

Manifestación en Ourense contra a Lomce
Manifestación en Ourense contra a Lomce | Onda Cero

Máis de duasmil persoas sumaronse esta mañá á concentración e manifestación polo centro de Ourense convocada pola plataforma galega en defensa do ensino público nunha xornada de folga xeral en contra dos recortes e da Lei de educación do goberno central (Lomce). Sindicatos, alumnado, mestres e partidos políticos agás o PP consideran que foi unha lei imposta, que non vai mellorar a calidade do ensino público ademias de ser privatizadora. 
As protestas contra a LOMCE en Ourense sucederanse pola tarde ás sete e media, hora fixada para outra manifestación en defensa do ensino público. 

A xornada de folga discurriu sen incidentes nos centros educativos onde hoxe houbo aulas vacías e ausencias de docentes.
Segundo a CIG o paro no profesorado na provincia de Ourense foi de mais do 60% e segun CCOO o paro foi total. Dende a confederación de país e nais de Galicia aseguran que o paro foi dun 90%. Dende a Consellería de Educación afirman que a incidencia da folga en Ourense foi do 29,63 % , a segunda máis alta en galicia onde a incidencia  foi do 26,22%