O PPOU pide a creación dun Plan Municipal de Conciliación da Vida Familiar e Laboral

Os populares pedirán que o Concello de Ourense dote nos Orzamentos 2014 unha partida económica suficiente para a posta en marcha deste plan e para que sexa efectivo e funcional.

ondacero.es

Ourense | 16.06.2014 18:36

Belen Iglesias
Belen Iglesias | onda cero

O Grupo Municipal do PP de Ourense vén de rexistrar unha moción para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno, coa que reclama a constitución dun equipo de traballo formado por un representante de cada grupo político e técnicos municipais, para a elaboración  dun Plan Municipal de Conciliación da Vida Familiar e Laboral; e que o Concello de Ourense dote nos Orzamentos 2014 unha partida económica suficiente para a posta en marcha deste plan e para que sexa efectivo e funcional.
Segundo os populares, “os cambios sociais dos últimos anos, os diferentes tipos de familia e as novas relacións entre persoas, e as familias cada vez máis pequenas xeraron na poboación novas necesidades de orde social que as administracións debemos resolver; ben en forma de recursos, de servizos ou de calquera outro tipo de resposta que faciliten as tarefas da vida cotiá”.
Por iso, “a conciliación non é un problema exclusivo das familias, nin das mulleres senón que é un problema que compete a toda a sociedade”, engaden.E consideran que é obriga do goberno municipal “facer de Ourense unha cidade que responda ás necesidades da cidadanía e preste apoio no reto de lograr a conciliación e a armonización dos tempos de vida persoal, familiar e profesional. Todo iso tendo en conta o principio fundamental do desenvolvemento da plena igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”.