A concelleira de medio ambiente do Concello de Ourense, Susana Bayo presentou esta mañá o proxecto “Come Ourense” incluido no Plan Urban que baixo a denominación “a caixa de hortas” vai fomentar o uso de hortas abandoadas no municipio que se porán a disposición de persoas que queran mantelas e facer nelas cultivos baseados en principios ecolóxicos. Para Susana Bayo trátase dunha iniciativa singular dentro da Unión Europea que ademáis de fomentar a alimentación saudable servirá para previr lumes forestais ao cultivar terreos que están abandoados. A concelleira de medio ambiente que compareceu xunto á edil de participación cidadá María Devesa, agradecia ao voceiro do BNG, Xosé Somoza que fose quen plantexou a idea á que se sumaron a Universidade de Vigo, colectivos veciñais e ecoloxistas como Amigos da Terra e que será respaldada dende as áreas de medio ambiente, participación cidadá, emprego e urbanismo do concello de Ourense. O proxecto da “caixa de hortas” arrancará en Seixalbo para irse extendendo por todo o municipio de Ourense. O concello habilitará as oficinas do Peri, rehabilitación e atención ao cidadá coma puntos informativos e de asesoramento para quenes estén interesados tanto na cesión de terreos coma no cultivo.