Ourense en Común presentará no vindeiro pleno do concello de Ourense unha proposta para tentar sacar do abandono á vella cadea do progreso solicitando costear a sua rehabilitación con cargo ao fondo estatal dos programas do 1,5% cultural.
O edil Martiño Vázquez lembra que este edificio que no seu dia albergou un modelo penitenciario máis humanista forma parte hoxendia da área de protección do conxunto do ben de interese de as burgas, polo que calqueira actuación será cautelada por patrimonio.
A vella cadea, de propiedade municipal, funcionou coma prisión 151 anos entre 1836 e 1987 quedando posteriormente en estado de abandono ate actualidade.