Ourense Cidade

Ourense en Común denuncia que o PP se desfixo da Casa de Acollida

Sofía Godoy “vendeu por 50.000 €” o Servizo de Acollida de Mulleres Vítimas de Vio-lencia Machista o mesmo día que o BOP publicaba o anuncio de contratación para a xestión do centro, que finalmente se declarou deserto

ondacero.es

Ourense | 21.02.2019 09:45 (Publicado 21.02.2019 09:42)

Martiño X. Vazquez de Ourense en Común
Martiño X. Vazquez de Ourense en Común | Ourense en Común

Ourense en Común pon de manifesto “o engano artellado por Sofía Godoy e Jesús Vázquez en complicidade co goberno de Feijoo para ceder á Xunta de Galicia a Casa de Acollida de Vítimas de Violencia de Xénero”.

O grupo denuncia que “o Partido Popular enganou a toda a cidadanía, simulando no mes de marzo un concurso de licitación namentres simultáneamente conveniaban a cesión do centro, e finxían despois normalidade no pleno posterior”, en referencia á sesión plenaria de maio de 2018 na que, a proposta de OUeC, se debatía a remunicipalización do servizo tras declararse deserto o concurso en abril e ás portas de que o contrato quedara a partir de xuño en precario.

Montserrat Valencia facilitaba esta mañá o cronograma co que o PP executou o traspaso do centro (ver adxunto), e revela que o fixeron “en tempo récord e agochando a información”, malia a que “reiteradamente se lle vén preguntando” a Sofía Godoy en xuntas de área e no Consello Municipal de Igualdade polo funcionamento do servizo. “A falta de transparencia deste goberno é total, obstrúen a nosa labor fiscalizadora como oposición, convertémonos en investigadoras para chegar aos datos”, e sinala a Sofía Godoy como “o maior caso de incapacidade” no equipo de Jesús Vázquez, “sobrepasa todos os límites: cando non se agocha e deixa de comparecer nas xuntas de área, sae do paso a golpe de enganos namentres abandona e desmantela servizos, e permanentemente pon en risco o respaldo ás persoas máis vulnerables da nosa cidade”.

Desde o grupo aseguran que “seguiremos investigando nesta cuestión ata o final, e requiriremos a Concello e Xunta toda a documentación vencellada ao convenio asinado, os informes que o motivaran, e información detallada das condicións en que se presta o servizo desde entón”.