O PP ourensán valora os Orzamentos 2014 como irreais

Segundo os populares “incumpren as normativas aplicables e carecen de investimentos”.

ondacero.es

Ourense | 19.06.2014 13:14

PP orzamentos
PP orzamentos | Onda Cero

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Ourense, Rosendo Fernández, así como a concelleira Beatriz Tejada, compareceron en rolda de prensa para facer unha valoración dos Orzamentos Municipais de 2014, avanzando que os populares presentarán emendas en tempo e forma.

Os populares analizaron as contas municipais dende diferentes puntos. Dende o punto de vista formal, destacan o incumprimento notorio dos prazos que establece a normativa de Facendas Locais. Tamén o incumprimento do principio de nivelación ou equilibrio orzamentario, segundo o artigo 165.4 da Lei de Facendas Locais: "cada un dos presupostos que integran o orzamento xeral deberán aprobarse sen déficit inicial". É dicir: que os ingresos deben ser realistas e responder a bases sólidas que os fundamenten.

Tamén detectan incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto; e dun acordo plenario do 2 de maio de 2014 onde se probou o teito de gasto (PP+PSOE a favor, BNG en contra e DO abstención). E, por último, subraian a insumisión a acordos de diferentes contratos e acordos con outras institucións, con consecuencias económicas moi gravosas para o Concello (intereses 8.25%).Dende o punto de vista xeral, os populares detectan que o gasto de Persoal e Gasto Corriente supón un 84% do Orzamento.

Ademáis, as inversións reais son tan só un 2% do total (2.443.475,71€), xa que contabilizan como inversión a indemnización por sentencia xudicial de Proavia: 2.528.812,64€. Non se inclúe o Plan de Inversións, tan solicitado polos veciños como polos empresarios da construcción, de 3,5 millóns de euros para o ano 2014. Tampouco se cumpren acordos plenarios sobre diferentes actuacións de infraestruturas municipais na cidade (rúas Habana e Concejo). E, por último, non coincide a estrutura de servizos que se amosa no Anexo de Persoal e as consignas crediticias.

Ingresos

O terceiro punto de análise dos populares está referido aos ingresos, que califican de irreais e inflados, xa que según declaración da concelleira de Urbanismo, a señora Áurea Soto a petición da Intervención Municipal, declara que no ano 2014 se ingresarán 815.000€ entre imposto de construccións, instalacións e obras; así como licencias urbanísticas.Un dato que os populares non cren xa que no ano 2013 se recaudou por este concepto 321.936,93€; e en contabilidade, a marzo de 2014, se levan computados 70.513,39€, o cal extrapolando nos daría uns ingresos de 282.053,56€ para o presente exercicio.

Propostas dos populares

Tras esta análise, o Grupo Municipal do PP plantexa varias propostas, que serán completadas a modo de emendas; entre as que se atopa o cumprimento do acordo plenario do 2 de maio de 2014 e a Lei Estatal de Teito de Gasto; así como as obrigas adquiridas con outras institucións (como é o caso de Sogama); creación dunha axencia de racionalización do gasto municipal; reducción de gasto de Persoal innecesario; inversións reais; reducción do gasto en publicidade e propaganda; ter presente o termalismo nestes orzamentos; e que se demostre a igualdade dos cidadáns ante as obrigas tributarias reclamándolle ao alcade de Ourense os 27.966,49€ correspondentes á parte da urbanización da súa casa.

Rosendo Fernández e Beatriz Tejada concluiron a rolda de prensa asegurando que seguirán analizando os máis de 1.000 folios que constan no expediente, un proxecto, ao seu xuízo, “dunha metade do PSOE, pensado únicamente para reforzar a un sector socialista frente ao outro”. “É un orzamento partidista e axeno á cidade”, conclúen.