Cooperación

A Xunta colabora co concello de Xunqueira na creación dun parque infantil

O Goberno galego financia a través desta orde a creación ou mellora das infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais, así como a dotación de equipamento. O Concello de Xunqueira de Espadañedo recibiu nos últimos anos máis de 411.000 euros

Óscar Gómez

Ourense | 03.03.2022 09:30

A Xunta colabora co concello de Xunqueira na creación dun parque infantil
A Xunta colabora co concello de Xunqueira na creación dun parque infantil | onda cero

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o novo parque infantil feito no concello de Xunqueira de Espadañedo grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público que ascendeu a preto de 34.000 euros

Natalia Prieto indicou que o concello solicitou a creación na creación deste parque infantil debido ao déficit deste tipo de infraestruturas no medio rural, dando solución a unha necesidade moi demandada pola poboación moza. O parque está dotado do equipamento necesario de xogos infantís,coa instalación de diversos xogos adaptados á pendente do entorno e a colocación un pavimento elástico de caucho reciclado para garantir o seu uso nunhas condicións de seguridade axeitadas. Ademais, mediante esta actuación, ponse en valor un espazo arborado existente, de singular valor natural e paisaxístico, que presenta unhas características idóneas para este novo equipamento.

A Xunta financiou estes traballos no marco da Orde de infraestruturas de uso público, coa que apoia as iniciativas dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O Concello de Xunqueira de Espadañedo recibiu nos últimos anos máis de 411.000 euros das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira.

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.