Eleccións na UD Ourense

Os socios da UD Ourense votarán cunha única candidatura

O luns 6 de setembro celebraranse as eleccións da UD Ourense con unha sóla candidatura encabezada por Fernando Currás

Onda Cero Ourense

Ourense | 02.09.2021 13:17

Seguidores da UD Ourense nun partido en As Pontes
Seguidores da UD Ourense nun partido en As Pontes | Onda Cero Ourense

O luns 6 de setembro a Unión Deportiva Ourense celebrará as súas eleccións para conformar unha nova directiva despois da dimisión da presidida por Ramón Dacosta.

O candidato único a presidencia da UD Ourense é Fernando Currás (ex adestrador do primeiro equipo vermello) que está acompañado na súa candidatura por Carlos Quintairos, Xurxo González, Eloy José Fernández e Oscar Dorrego.

Fernando Currás, candidato a presidencia da UD Ourense
Fernando Currás
Fernando Currás | UD Ourense

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria UD Ourense

A asemblea celebrarase o luns día 6 de setembro na bancada de preferencia do campo de O Couto ás 20:00 horas en primeira convocatoria ou ás 20:30 en segunda convocatoria.

A asemblea de socios terá a oportunidade de proclamar (ou rexeitar) á candidatura encabezada por Fernando Currás cómo nova directiva do club.

Poden acudir a asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén incluidos no censo electoral debendo presentar o DNI no acceso á mesma. Non cabe representación de voto na asemblea.

A asemblea realizarase con todas as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias.