O conxunto infantil (Daniela, Mónica, Laura, Nicole, Noa e Lara) comezaron a primeira mitade do exercicio con unha excelente execución que auguraba o mellor exercicio da tempada, ata que un nudo entre tres cintas determinou un final non esperado que as fixo baixar moito na clasificación. Dos conxuntos cadetes, o mellor situado foi o de Escola Pavillón (Sabela, Martina, Alejandra, Lucía, Aroa, Noa e Isabel), que debutaba no nivel nacional e, aínda coa presión que supoñen estas primeiras citas nacionais, souberon estar ó nivel e realizar o seu exercicio con moi poucos erros. Os conxuntos base remataron a súa tempada con esta competición e están xa coa mirada posta na tempada 2023.
III Fase conxuntos nivel absoluto
Foron oito os conxuntos que representaron a Galicia nesta III e última Fase de Copa de España de conxuntos absolutos. Tres destes conxuntos do Pavillón (alevín, infantil e junior), xunto cos outros conxuntos de Acordes, Maniotas e Rítmica Compostela. Trátase do nivel máis alto de competición nacional na rítmica e os conxuntos pavillonistas levan anos continuados logrando a súa clasificación para estar ahí.
O mellor resultado foi para o conxunto junior. Candela, Paula, Noa, Claudia, Mariña e Laura son tamén as máis veteranas no nivel nacional e na participación na Copa. A pesares de non estar atravesando o seu mellor momento competitivo, deron a talla e ocuparon o posto 14 da categoría co seu exercicio de mazas e pelotas. As infantís (Martina, Maya, Xisela, Sheila, Gretel e Daniela) sufriron unha baixa de última hora que as obrigou a cambiar os plans de competición, aínda así deron mostras de melloría no seu exercicio de cordas e colocáronse no posto 21 da clasificación. As alevíns (Alma, Claudia, Lara, Carla, Olga e Bianca) tiveron erros importantes no inicio do exercicio que souberon remontar na segunda parte, ocuparon o posto 15 da categoría.
Estes tres conxuntos rematarán a súa tempada co nacional que se celebrará en Zaragoza na mitade do mes de decembro. O equipo técnico ten moi boas expectativas para este nacional para o que seguen traballando coas ilusións intactas.