A Policía Local de Ourense reforzou ao máximo a súa presenza nas rúas da cidade para incrementar a seguridade e velar polo correcto desenvolvemento das festas do Entroido 2022. A Concellería de Seguridade Cidadá mobilizou no operativo das festas un total de 25 policías, o que representa un cuarto do cadro de persoal total da Policía Local, para acadar un nivel “nunca antes visto”, explica o concelleiro Telmo Ucha, quen subliña que este dispositivo “garantiu a presenza estática e móbil en cápsulas independentes de policías naquelas zonas de maior presenza de persoas: lecer nocturno, concertos, charangas, etc”. Foron, detalla a concelleiro, “25 policías, un cuarto do cadro de persoal traballando de modo coordinado e cun inspector á fronte patrullando a pé nunha das cápsulas”. Tamén se realizou os traballos de protección con elementos de formigón nas zonas de maior presenza de público, así como no propio transporte urbano ou os concertos da rúa do Progreso.
Ademais, o Concello de Ourense extremou a vixilancia para evitar agresións sexistas cun dispositivo especial, coordinado desde un posto con presenza de policías da unidade Vioxen, policías especialmente formados en atención á muller, situado na rúa Cruz Vermella-rúa Paseo, e desenvolveu os dispositivos específicos habituais nas fins de semana, de control de botellón, de hostalaría e horarios de peche e controis de Alcoholemia/drogas.
O concelleiro agradece o traballo realizado polos policías locais e os voluntarios de Protección Civil de Ourense “por volcarse como fixeron, demostrando que temos potencial suficiente para a organización de eventos, sexa cal sexa o seu tamaño e duración, así como o apoio da Policía Nacional e a seguridade privada que reforzaron estes operativos”.
“Imos traballar en ter a mellor área de seguridade de todos os tempos en Ourense para acadar ter a cidade máis segura de España”, conclúe o concelleiro Telmo Ucha.
Realizáronse 3 dispositivos Especiais por parte da Policía Local de Ourense:
1.- Control Específico de Botellón:
1 Agresión: en Avd. De Buenos Aires
6 intervencións de Colaboración con 061: 5 traslados por inxesta de alcol e 1 por caída en Domicilio.
1 Acta de Infracción por pintadas en C/ Ribeira de Canedo.
1 Acta de Infracción por falta de respecto a axentes, en Rúa Nova.
2.- Control Hostalería e Horarios de Peche:
1 Acta de Infracción por non usar máscara no interior dun local de Hostalería (sen estar a consumir) en C/ Xoán XXIII.
1 Acta de Infracción por exercer actividade sen permiso en Bispo Cesáreo.
Ambos os Dispositivos abarcaron “principalmente” diversas zonas do Centro histórico ( Calpurnia Habana, Praza do Correxidor, C/San Pedro, Praza Santa Eufemia, Praza Maior, Praza das Mercedes,etc…), C/ Pena Corneira-Cabeza de Manzaneda,Praza de San Antonio, Zona Auditorio e Zona San Francisco (Parque da Zapatilla).
3.- Controis de Alcoholemia/drogas:
5 Positivos en Alcoholemia (en vía Xudicial): condutores entre 38 e 57 anos en C/ Pena Corneira, Pena Trevinca, Avd. de Buenos Aires e Ervedelo.
10 Positivos en Alcoholemia ( en vía Administrativa): condutores entre 22 e 54 anos, en diversas rúas: Avd. de Marín, Habana, Pena Trevinca, Avd. De Buenos Aires, Ervedelo e Eulogio Gómez Franqueira.
1 por Perda de Vixencia do permiso de conducir, condutor de 43 anos.
1 Negativa a realizar Proba de Drogas, condutor de 46 anos en Avd. De Santiago.
A maiores:
12 chamadas por Ruídos en vivendas, locais e Vía Pública.
Neno de 6 anos, disfrazado, extraviado en C/ Paseo localizado por unha patrulla da Policía Local.
A noite do 26 e do 28, a Policía Local dispuxo dun “Punto de atención á muller” na C/ Cruz Vermella- C/ Paseo (coordinado polo Departamento de Vioxen).