Eleccións Municipais

A oficina do censo electoral observou un incremento irregular en Catrelo de Miño

O BNG vén de recibir contestación por parte da oficina do censo electoral, onde comunica como se pode ver na imaxe que se achega, que hai un aumento irregular do censo, e solicita informes explicativos ao concello de Castrelo de Miño sen aínda recibir resposta.

Óscar Gómez

Ourense | 26.01.2023 07:51

A oficina do censo electoral observou un incremento irregular en Catrelo de Miño
A oficina do censo electoral observou un incremento irregular en Catrelo de Miño | onda cero

A oficina do censo elecltora comunicou ao BNG de Castrelo de Miño tras a reclamación feita polo portavoz Esteban Suárez, na que se lle manifesta que continúa requirindo información ao concello por segunda vez e que o manterá informado en todo momento das actuacións legais que continúe realizando ata resolver esta situación irregular creada por Avelino Pazos.

Denuncian o empadronamento masivo en Castrelo en casas totalmente pechedas e inhabitables
Denuncian o empadronamento masivo en Castrelo en casas totalmente pechedas e inhabitables | onda cero

Unha vez finalizadas estas actuacións o BNG esixirá onde proceda o castigo destas presuntas ilegalidades que poden supor a inhabilitación para cargo público do alcalde e concelleiros do equipo de goberno, xa que na resposta aos medios, o señor Pazos non tivo ningún tipo de reparo en afirmar que foron eles os responsables deste aumento irregular do censo.