Infraestructuras

Obras de mellora no acceso ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis

A intervención consiste no reforzo do firme mediante a execución de regas asfálticas

Óscar Gómez

Ourense | 14.07.2020 08:44 (Publicado 14.07.2020 08:43)

Traballos de Rega Asfaltica
Traballos de Rega Asfaltica | Xunta de galicia

A Xunta vén de iniciar os traballos de acondicionamento do firme nun treito antigo da estrada OU-540, en Bande, para mellorar o acceso ao complexo arqueolóxico romano de Aquis Querquennis. Estas actuacións están a executarse nun treito antigo da estrada na marxe esquerda, desde o punto quilométrico 48+225.

Actuarase ao longo dun treito que suma 400 metros, cun ancho medio de plataforma duns 6 metros. A intervención consiste nun reforzo do firme mediante regas asfálticas. Para isto, acometerase un dobre tratamento superficial na sección completa do treito antigo.

Traballos de Rega Asfaltica
Traballos de Rega Asfaltica | Xunta de Galicia

Os traballos, cun investimento estimado próximo aos 8.000 euros, complementaranse posteriormente cun acondicionamento e limpeza coa fin de que a zona sexa de aparcamento no acceso ao complexo arqueolóxico.