Curso

Obradoiro de xestión de estrés e ansiedade en Ourense

A Federación Alcer Galicia impartiu este obradoiro para persoas con ERC e a súa contorna a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns, o pasado 16 de maio no CHUO.

Óscar Gómez

Ourense | 26.05.2023 08:41

Obradoiro de xestión de estrés e ansiedade en Ourense
Obradoiro de xestión de estrés e ansiedade en Ourense | onda cero

O 16 de maio impartiuse un obradoiro sobre a xestión do estrés e a ansiedade das persoas con enfermidade renal, impartido pola psicóloga Patricia Casal Vázquez co obxecto de aprender a identificar os síntomas do estrés e da ansiedade, así como das consecuencias físicas e psicolóxicas que estas carrexan, especialmente para as persoas con unha enfermidade crónica como a ERC.

Así mesmo, expuxéronse técnicas para aprender a eliminar ou soportar o estrés e evitar que este derive en ansiedade. O obradoiro tivo unha duración de 4 horas e se levou a cabo no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense a través da delegación desta provincia de Federación Alcer Galicia.