Huelga Transporte Público

A mediación do alcalde consigue un acordo que pon fin á folga dos autobuses públicos

Gonzalo Jácome reuniuse con traballadores e empresa concesionaria para acadar un acordo “co que saen todos gañando”

Óscar Gómez

Ourense | 11.05.2022 13:49

A empresa concesionaria desconvoca a xuntanza cos traballadores
A empresa concesionaria desconvoca a xuntanza cos traballadores | Faro de Vigo

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acadou a través da súa mediación, un acordo entre traballadores e empresa concesionaria que pon fin á folga do servizo de autobuses urbanos. O rexedor mantivo senllas reunións esta mañá no salón de plenos do Concello co comité de empresa (11h) e na Alcaldía coa empresa consesionaria, Urbanos de Ourense (ás 12h) para mediar entre as partes e acadar un acordo que traballadores e empresa prevén rubricar esta tarde ás 16:30 horas, que permitirá á volta a normalidade do servizo en canto a liñas e frecuencias.

O alcalde, como anunciara previamente, decidiu intervir de forma directa e mediar nas negociacións logo de que a xuntanza que as dúas partes mantiveron no día de onte non rematase en entendemento. Así, como fixera na folga do servizo de limpeza e recollida de residuos urbanos, decidiu intervir directamente nas negociacións e convocar e mediar entre as dúas partes ata acadar un pacto. Froito desa mediación, as partes chegaron a un acordo.

O alcalde valora moi positivamnete este entendemento entre as partes que, “servirá para acadar mellores condicións para os traballadores e tamén para garantir o mellor servizo aos cidadáns, así como para a viabilidade económica. Saen todos gañando”, resumiu o alcalde.