“No interior do abandono” é unha viaxe visual e poética polas aldeas do rural galego que están a sufrir o despoboamento e a desmemoria.O poeta e artista plástico Baldo Ramos e o fotógrafo Carlos Lorenzo superpoñen o pasado e o presente nas súas obras, facendo sempre pé na súa orixe común nas terras do interior de Ourense e tecendo un diálogo esperanzado e comprometido sobre unha problemática que reclama a nosa atención e complicidade.
Esta exposición nace a partir dun libro co mesmo título e temática onde ambos creadores xuntan fotografía e poesía.