Será a partir das 17:00 horas cando de comezo a primeira saída da man dos 20 Km. femininos para rematar as 19:00 horas ca saída dos marchadores masculinos. No medio delas e como ven sendo habitual, programarase unha proba internacional de 10 Km. con presenza só de marchadores convidados e na que tamén, ao longo da xornada, a marcha autonómica e de base terá o seu protaginismo.
Lembramos que a proba está integrada na Word Race Walking Tour formado por un circuito de 21 probas que percorren os países de Francia, Lituania, Portugal, EEUU, Polonia, Rep. Checa, China, Turkia, Eslovaquia, Ecuador, Australia, Xapón, Irlanda e Alemania.
Máxima expectación.
Como todos os anos a solicitude de atletas internacionais para tomar parte nesta proba está sendo moi numerosa, estando xa confirmada entre outras, a presenza da chinesa campioa olímpica en Río Liu Hong, quen no ano 2015 lograba precisamente no circuito coruñés, o récord do mundo na proba dos 20 Km. ao rematar cun rexistro de 1h24:38. Xunto a esta importante marchadara, poderemos ver a outra dos grandes valores actuáis da marcha, a peruana Kimberly García quen lograba a xesta de acadar os títulos de campioa mundial dos 20 Km. e dos 35 Km. na pasada edición desenvolta en Eugene no ano pasado. Na categoría masculina de igual modo o sueco Perseus Karltrom, bronce mundialista nas tres últimas edicións ou o subcampión de Europa dos 20 Km. o alemán Christopher Linke, serán tamén marchadores que den nivel a este evento.
En canto aos españois, un elenco importante e de moita prestixio estará presente novamente na cita coruñes,a ao fronte dos, cales se atopan o vixente campión europeo de Munich Alvaro Martín na categoría masculina, así como a medallista de bronce na mesma edición Raquel González na categoría femenina.
Por paises están xa confirmados a presenza dun total de trece para esta edición, agardándose ao logo deste mes a inscrición de máis participantes de nivel mundial.